Vostede está aquí

Enviada por: carlos

Imaxes: 

Comentarios

FOTOGRAFÍAS (O Pombar- A carreira) (11)

Boa tarde a tod@s.

Son devoto da fotografía en negro que trata temas sinxelos, con certa antigüidade, nos que se observa unha forte mutación, natural ou provocada. É este un dos motivos que me leva a facer comentarios arredor dalgunhas fotos que se veñen expondo na web.

Estas dúas son ben fermosas. Da época onde o negro era maioritario e, para min, máis gráfico e artístico que a cor. Ben, isto cando se tratan temas moi concretos e de proximidade. Por suposto non é así cando tratamos paisaxes amplas e abertas. Carlos, o autor, demostra ter capacidade para captar os espazos sinxelos, aínda que, cheos de beleza e perpetuo sosego.

En desacordo coa opinión de Xoselois, ó meu modesto entender, a expectacular é a da esquerda: propónnos un primeiro plano, de cercanía, coa visión da carreira áspera, onde observamos salientadas unhas construcións moi notábeis que seguen facéndolles fronte ao correr dos días, anos, séculos... e outra que ben podiamos calificar no apartado do “feismo”. Logo deixa unha fiestra, aberta ao exterior, por onde nos bota enriba o penedal.

A da dereita, para min, é máis agradábel e íntima. O horizonte, pechado polos muros do forno da Casa da Quinta, lébanos ó agocho interior, para gozarmos da sensibilidade desa antiga construción ligada á propia natureza da que se nutriu.

Ollar a beleza da imaxe, encamíñame a lembrar o desleigo e desprezo con que se trataron as antigas e aproveitábeis construcións que nos legaron os nosos devanceiros. En case todas, ou todas, as casas que se reformaron na parroquia, o “derrubo” foi norma habitual. (Cónstame que nalgún caso, o consello técnico de non derrubar, malia existir, non chegou a tempo).

(Galiza e os galegos en xeral, temos un gran problema que ven de lonxe, pois non sabemos avaliar o propio. Non valoramos dabondo a paixaxe, na que teñen moito a ver as construcións tradicionais. Moito se escribe nos periódicos, e se fala na radio e tv, da praga do nomeado “feísmo”.

E que dicir do apartado “Chapuzas galegas” na Voz? Tamén vai no lote).

Saúde e, boa viaxe.