Vostede está aquí

REFLEXIÓNS SOBRE O PROCÉS CATALÁN

                               Levan bastante tempo bulíndome pola cabeza unha serie de ideas sobre a cuestión á que  alude o título.  Como  sei que esta páxina ten moitos seguidores en Catalunha, vou permitirme  a "ousadía" de opinar, asumindo que é un tema delicado, que haberá discrepancias e que incluso alguén poida dicir "que saberá este a 1000km de distancia". Mais, eu coido que opinar é san e as discrepancias, arrequecedoras.  

       En primeiro lugar expresarei o meu pensamento dobre a cuestión, que veño defendendo dende vai bastantes anos; xa que logo, non está influído polos últimos acontecementos. Intentarei sintetizar:

- Calquera pobo ten dereito a determinar o seu futuro. O "dereito a decidir" debería estar recollido nunha especie de Declaración  Universal dos Dereitos dos Pobos.

Durante estes últimos anos, o Estado debería haberse mostrado receptivo a unha negociación coas institucións  catalás que rematarían nun referendo legal e vinculante.

- Nesa hipotética negociación falaríase de tódolos temas: % mínimo de votantes sobre e censo, % de voto Si, Non...  Como e quen pagaría as pensións, como e quen pagaría a deuda, dobre nacionalidade ou non, os equipos deportivos seguirían ou non nas ligas españolas. seleccións deportivas catalás...(engádase o que se queira)

              Todo este proceso, remataría nun referendo, que sen dúbida,  sería aceptado pola comunidade internacional.  Se o resultado fose Si á independencia, teño a impresión de que, no caso de ter que saír da UE,  tardaría moi pouco tempo en ingresar xa que Catalunha é un país cun enorme potencial económico, social, cultural...

                                                                  Hoxe, 16 de outubro, a situación é moi diferente. Sei que se produciu a resposta de Puigdemont(confusa), mais non sei á do Goberno Central. Coido que haberá unha tregua ata o xoves. Logo non sei o que vai pasar aínda que parece que existe a posibilidade de que o Estado asuma algunhas competencias. Nese caso, o conflito está servido. Eu só espero e desexo que non haxa un enfrontamento social que deixe feridas físicas e síquicas de relevancia na cidadanía. 

                                                               E agora vou ser aínda moito máis ousado e vou dar a solución(aquí haberá sorrisos).  Está claro que para uns será "morna" e para outros, inasumible por inconstitucinal. Pero aí vai:

1.- Puigdemont "non declara a indepencia unilateral" e convoca eleccións. 

2.- O Estado comprométese a:

          - Se gañan as eleccións os soberanistas, negociar un referendo legal e vinculante nun prazo de...

          - Se gañan os unionistas, ábrese un proceso para reformar o Estatuto( recoñecemento da nación, nova financiación, selección deportivas...)

 

 P.D. Lástima que Rajoy e Puigdemont no lean este artigo(o lector xa notaría que é unha brincadeira)

                              Saúdos e saúde.

        

                               

 

 

Artigos: 

Comentarios

“PROCÉS”

Bo dia a tod@s:

Concordo coa lúcida análisi que nos aporta xoselois. Como ben di, nun tema tan complexo por forza ha de haber discrepancias, pero en xeral, atopo coherente a exposición do chamado “procés”.

A miña concreta opinión vouna deixar polo de agora, non quere dicir que non a teña, claro que a teño. De momento, só teño claro que: andamos a ver un partido, poderiamos dicir de tenis, no que os xogadores de ambolos dous equipos agardan a ver quen fai a errada máis grosa. Saviamos xa de hai tempo, pois o noso paisano foinos dando mostras ao longo do seu “reinado”, que anda un pouco corto de vista, de oido e de sentido común, para poder intuír o que se lle viña enriba.

Pero tamén ao outro lado da rede, anda un “chulo mozalbete” que, ao parecer, calquer ocurrencia lle parece razoábel. Para min, o “procés” anda corto de “fervuras”. Como din os nosos irmáns portugueses, “o que non tén é jeito”. Aínda así, tendo en conta o que hai ao outro lado, poida que teña recorrido.

Saúde e boa viaxe.

Ya se acabo la negociacion.Problemas.Joseluis ok el comentario.