Vostede está aquí

Tempo de primavera (2018)

Primavera
Primavera
Primavera
Primavera
Primavera
Primavera
Primavera
Imaxes: 

Comentarios

“BELA IMAXE DE PRIMAVERA” (35)

Boa tarde a tod@s:

(Pois como ben di Xoselois seguiremos coa teima de facer pequenas aportacións).

Con certa continuidade, e con imaxes case sempre para encadrar, “navea” vennos amosando dende o comezo da web as mutacións coas que a natureza nos vai agasallando na orde do seu ciclo biolóxico. A cerdeira chea de flores danos a visión grande do que logo virá coa chegada do froito maduro. Pero, hai algo máis nesa bela imaxe? Pois para min, alomenos, moito máis. Para comentalo, se vos parece, imos recuar ata o ano 2015, concretamente ó 1/3/2015, aquel día “navea” mostrábanos unhas imaxes antigas (cedidas por outra persoa) de lugares da nosa parroquia. Ben, pois daquela eu fixera o 13/12/2015 un pequeno comentario arredor do que alí apreciaba e, ao final, viña a facer unha autocrítica xeralizándoa para tódolos galegos e tamén para Galiza como país, xa que eu considero que non sabemos avaliar o patrimonio legado polos nosos devanceiros; adoito, desfacémonos del sen pararnos a pensar no valor patrimonial/histórico que poida ter. É agora que fago a ligazón coa fotografía da cerdeira, Ollade a imaxe (un agasallo de bon gusto) e fixádevos na fermosa construción que se albisca como fondo e por entre as ramas floridas. Ao meu entender, este é o camiño e xeito de levar a termo as modificacións nas antigas casas: mantendo a harmonía coa paisaxe, gardando o que é aproveitábel (que seguro hai moito) e engadindo o preciso para axeitalas aos cánons actuais, desta forma, o patrimonio herdado mantense vivo e continuador da tradición.

Parabéns, dende Catalunya, para Manolo e familia.

Saúde e boa viaxe.

 

Grazas Bernardino!