Estiven lendo a carta que enviou Mónica, na cal manifesta o seu cariño, especialmente para as persoas que a recibiron e a acolleron, pero tamén para o conxunto do pobo de Navea. Mesmo, eu percibo unha certa dose de admiración e as louvanzas que expresa son moi gratificantes. Palabras como estas dan azos para continuar. Moitas grazas!
Grazas, Mónica, polos comentarios tan cariñosos que fas sobre o encontro con Navea, coas súas xentes e paisaxes.
Para os que aínda non o saibades, Mónica é neta de Antonio (irmán da nosa avoa Victorina) e de Remedios (irmá, entre outros, de Marquesides) e filla de Dorinda, que nos anos trinta do século pasado foi a Buenos Aires a xuntarse cos seus pais, soa, con nove anos, nunha viaxe en barco que durou dous meses.
Cantos casos semellantes haberá de naveanos/ as que emprenderon unha longa viaxe, con futuro incerto, cara a Cuba, Arxentina ou o Norte! Desde aquí enviámoslles a todos eles unha aperta transoceánica.
Que sorte recuperar o seu recordo e poder relacionarnos cos seus descendentes! Non deixa de sorprendernos como mantiveron e transmitiron, de xeración en xeración, o recordo de Navea.
Grazas tamén a navea.gal por facer posible este encontro.
Comentarios
GRAZAS MÓNICA

Grazas

Luis e Elvira