Boa tarde.
Vai uns días, atopándome na casa, pola noite, na cama e con insomnio, véuseme á cabeza contar cantas casas de Navea lembro habitadas. Moitas!!! Posibelmente algúns dos lectores recorden máis, polo que quedan convidados a engadilas.
Identificarei as casas cun nome, home ou muller, a primeira persoa que se me veña á mente, sen qeu isto teña ningún tipo de significación ou connotación. Irei facendo unha lista por barrios e zonas.
Podería incluírse este "traballiño" dentro das segunda edición das "Cereixas" que promove o Luís. Non deixa de ser un recordo.
A segunda parte do traballo consistiría en contar os habitantes. Tamén aquí convido a quen queira facer unha aportación neste senso. Eu só direi que, sen ser esaxerado, a catro persoas por casa e cunha sinxela multiplicación de 80 por 4...saen máis de 300.
A PONTE-ABORRÉN (7)
Sr. Manolo Sr. Ignacio Sr. Florentín
Sr. Ventura Sr. Isauro Sr. Benedicto
Sra Concepción
A QUINTA (15)
Sra. Nieves Sra. Milagros Sra. Modesta
Sra. Natalia Sra. Isolina Sra. Emilia
Sra. Irene Sra. Jesusa Sra. Josefa
Sra. Áurea Sra Dolores Sra. Luísa
Sra. Remedios Sra. Ester Sra. Teresa
O CASAR- A LAMA- O MOREDO (7)
Sr. Germán Sr. Celedonio Sr. Rogelio
Sra. Rosario Sra. Elisa Sra. María
Sr. Álvaro
O CAMPO- A BARRONCA-O SOUTO-AS PENAS (28)
Sra. Concha Sr. Aurelio Sr. Manuel
Sr. Saturnino Sr. Paulino Sra. Amalia
Sra. Alejandrina Sr. Eladio Sr. Antonio
Sr. Eliseo Sra. Rosa Sr Aníbal
Sr. Agenor Sra. Vitorina Sr. Dositeo
Sra. Aurita Sra. Invención Sr. Evaristo
Sr. Eulogio Sra. Isaura Sra. Emlia
Sr. Pedro Sr. Leonato Sr. Justo
Sra. Gumersinda Sr. Secundino Sr. Eladio
Sr. Marquesides
A EIREXA-CASENANDO-VILABOA (17)
Sra. Matilde Sr. Julito Sr. Juan
Sr. Santiago Sra. Carmen Sr Justo
Sra. Sinda Sr. Juan Luís Sra. Carolina
Sr. Antonio Sr. Pedro Sr. Cura
Sr. Adolfo Sra. Ramona Sr. Benino
Sr. Domingo Sr. Marcial
O SEIXO-OS LAMEIROS(6)
Sr. Pepe(dos Lameiros) Sr. Justino Sr. Ángel
Sr. Luís Sra. Carmen Sr. Pepe(do Seixo)
Sería unha tarefa doada contar as casas que, a día de hoxe, están habitadas e tamén o número de persoas que remexemos por este noso pobo. Mais ídesme permitir que non sexa eu quen mencione a hecatombe demográfica actual, que,efectivamente, non é exclusiva de Navea, senón de todo o conxunto da nosa Galiza interior. De tódolos xeitos, seguro que a calquera dos lectores non lle levaría moito tempo botar contas.
Saúdos e saúde.
Comentarios
LÉMBROME (64)
LÉMBROME (64)
Boa tarde
Outra moi boa idea do Xosé Lois. Coido que, pensar na evolución dos fogares abertos/pechados, ao longo dos últimos anos, deixando constancia escrita do fenómeno, ademais de axudarnos a pensar na desfeita (que moitos de nós axudamos a provocar), tamén axuda a lembrarmos vivencias: unhas ledas, outras tristeiras, pero ao fin todas conforman a noso vivir e, xa que logo, a nosa historia.
A min pásame moito iso da falta de sono que nos di Xoselois. Un comeza a pensar nun tema que deseguida queda acobillado por outro novo e así ata que, sen decatarte, o sono pode máis e quedas dormido. Non quer dicir que o “pensamento/relato” quede abandonado pois en soños continua o traballo. Ás veces coinciden, non sempre claro. Concordo en que é un intre moi oportuno para xerar, rescatar e dar forma a recordos e vivencias que un mantén na memoria. Confeso que, máis dunha vez, me teño erguido para comezar un escrito e así ter a obriga de continuar e rexeitar o esquecemento.
Ben, pois seguindo a suxestión do Xoselois, aquí deixo algúns dos fogares que eu lembro abertos e que, coido, non figuran na relación.
CIMA DE VILA (2)
Sr. Dionisio (familia do Sr. Anibal.) Sra. María (nai da Sra.Olinda…).
CASAR (2)
Sra. Ramona (irmá do Sr. Rogelio.) Sra. Concepción (familia do Sr. Juan Manuel/ Eirexa.
O CAMPO (5)
Sr. Benito. Sr.Sergio/ Sra. Aurora. Sr.Severino. Sra. Dosinda ( nai do Sr.Agenor, Sr. Domingo… ). Sra. Avelina, (nai da Sra. Sofía, Sr. Fausto…).
A PONTE (1)
Sra. María (nai do Sr. Cándido…).
EIREXA (1)
D. Pedro.
Saúde e boa viaxe.