Sana envexa! Alomenos que alguén poida gozar da sana vida que nos aporta a auga. Pola contra, en Barcelona, acadamos tristes récords. Din que, dende o ano 1920 non había tantos días seguidos sen choiva. O aire, na cidade e arredores, está moi contaminado. As autoridades nen abren a boca, semella que contan con asuntos máis urxentes para tratar.
E logo, cando chove, dicimos “ vai mal tempo”. Enseñáronnos dende os “telexornais” que a choiva é un problema para todo, aínda que: queremos auga na billa, aire san, paisaxes verdes e ben floridas para saírmos e respirar o aire puro cada fin de semana. Logo, fotografar ós fillos a carón dun animal, o que sexa: unha vaca, unha ovella, un burro, (.........),e non che digo nada se acadamos un fondo con neveiros, iso é o trunfo da semana. Logo hai que amosárllelas aos máis de compañeiros posíbeis para así certificar que andivemos polos lugares que contamos. Pailáns (.... ). Os do rural, aquí en Catalunya, ós que saímos da mega-urbe barcelonesa a queimar gasolina e desfacer os montes cos catro por catro nas fins de semana, agasállannos cos alcumes de: “Pixapins” ou tamén “Kemakus”, con claras connotacións pexorativas. Ou sexa, téñense por superiores. Lémbrome dunha “doutora en química”, nun labotratorio moi importante en Catalunya, que me comentaba ao coñecer a miña orixe do rural galego :”Os nenos do rural son moito máis agudos cós das cidades”. E, xa que logo, os vellos tamén.
Comentarios
FONTE DE CASENANDO
(14)

Saúde e boa viaxe