Vostede está aquí

Xuntanza enBarcelona

Ola a tod@s, tal como acordamos na cea multitudinaria de Navea, o derradeiro 13 de agosto do ano en curso, imos organizar unha réplica en Barcelona.

Será un xantar, o día 12 de novembro, nun restaurante aínda por determinar, pero seguro que estará ben comunicado, para que tod@s poidan chegar en transporte público se non queren facer uso do coche.

O encontro é aberto a tod@s @s veciñ@s de Navea que viven en Cataluña, pero tamén aos que habitan en calquera outra vila ou cidade da nosa xeografía (Ourense, Lugo, A Coruña, Pontevedra,  Madrid…). Tod@s serán ben acollid@s.

Pregamos a confirmación da vosa asistencia canto antes, coa finalidade de poder organizar a xuntanza.

Apertas para tod@s.

Para confirmar a vosa asistencia aquí van estes dous correos:

Elvira Fernandez (elvirafn@gmail.com) ou Celsa Nogueira (cnogueir@hotmail.com).