Moitas gracias Manolo pola dedicación e esforzo para manter Navea, tanto no mundo real (casas, viñas, camiños...) coma no virtual.
Penso que este espazo virtual pode ser moi util para compartir informacions e lembranzas, e axudar a contactar (na rede ou presencialmente) entre pesoas que, dalgunha maneira, "somos" de Navea ou "somos Navea".
Graciñas, moitos ánimos.....e disculpas polo meu galego
Un saúdo para os que xa entraron a tamén para os que vaian entrar proximamente. Espero que ista ferramenta que con tanto esforzo Manolo está poñendo en marcha, sirva para, como di ao principio, poñer Navea no mundo. Eu, que non son afeccionado ás redes sociais, penso que isto é outra cousa e está moi ben deixar constancia de que Navea existe.
Como vos dixen por @ fai uns dias, emitian no Canal 33 unha pelicula documental INTERESANTISIMA E DURA.
É un tema do que tiven noticia fai uns anos, por Olga. Ela era compañeira de vivenda da irmà do Rodri, rapaz que pasou mais de 5 anos na cadea polo caso 4F. Olga estaba nos colectivos que intentaban sacar a luz o tema, con moi pouco éxito...pero daquelas loitas..., acabou todo na pelicula, que pola intervención no Parlament dun diputado da CUP (algunhas cousiñas si se poden mudar) a TV de Catalunya viuse forzada a emitir a pelicula.
A emisió puxerona nun programa que ten normalmente una quota de pantalla do 2%, pero a censura previa de 6 minutos e as redes sociais disparadas o sabado, conseguiron un 20%, que dicen que son unhas 500.000 persoas... e os grandes medios de comunicación de Catalunya levan todos os dias co tema...toda unha agradavel sorpresa . Estamos encantados, especialmente por que conocemos ao entorno familiar, e, ainda que non teña maiores sonsecuencias, é unha pequeniña compensació a todo o que tiveron que pasar istes anos.
Ben. Dispois de todo o rollo, que podio continuar se alguen està interesad@, poño a ligazon para que se poida ver (2 horas, con subtitulos en español).
A verdade é que está tendo moita repercusión. Por exemplo en Ourense botárona no cine-clube
Dá mágoa ver a persoas que se ven mergulladas en graves problemas sen ser reponsábeis.
Só puiden ver a metade porque hoxe hai unha mensaxe dicindo que a retiraron por culpa dunha reclamación de un tal Juan Valentín.
A reflexión é: cantas persoas haberá inmersas en problemas semellantes, tanto no estado espanhol como no resto do mundo, pero que non saen á luz polas causas que sexan.
Grazas, Manolo, por crear este espazo, por recordar que Navea está no mundo. Entereime a través dos meus primos, Miguel+Reme. Intentarei aportar imaxes. Para escribir, terei que apuntarme antes a un curso de galego!
Espero que entre tod@s logremos coñecer algo máis do noso pobo e tamén que a web sirva para comunicarnos todas e todos as que temos algunha relación con Navea.
Ti seguro que podes aportar moitas cousas. O do galego non vale de desculpa, foi sempre e segue sendo o idioma que utilizamos.
Parabéns Manolo pola creación do web "Navea está no mundo"! Qué fotos máis fermosas! O vindeiro verán case certo que vou pasar unha parte das vacacions na miña terra.
Cada certo tempo sinto “a chamada da natureza” –como diria Jack London- e teño necesidade de viaxar a Navea. Como sigo estando lonxe –os mil kilómetros de sempre- vou pra alá co Google Earth. Confórmome con sobrevoar a zona coma se fose un gavián: do Cerengo a Trives, dende Ponte Navea ata o Bibei. Dou unhas cantas voltas e vólvome pra Barcelona.
Agora ti, Manolo, das-me a oportunidade de viaxar doutra maneira.
Qué boa idea, rapaz! Graciñas. Un abrazo ben forte pra ti e pra toda a xente que se irá xuntando nesta páxina.
Benvidos aos aos novos usuarios(Celsa, Elvira, Luís) e tamén a todos aqueles, que sen ser tales, acceden á páxina para compartir este espazo de encontro.
” El diputado D. Santi Vila i Vicente, de Ciu, se encontró con un grupo de manifestantes cuando se dirigía al Parlament, quienes le recriminaron las políticas de recortes de gasto público y le dijeron que no les representaba. Entre los que protestaban estaban Dª. Olga Álvarez Juan. Agentes de policía acompañaron al diputado para que superara a los manifestantes. No consta que fuera agredido, ni empujado”
“Sin embargo, con el exclusivo apoyo del juicio histórico, concluimos que Olga Álvarez, ...r, manifestantes concertados con un lema que filtraba todos sus actos y que llamaba a paralizar las actividades parlamentarias encaminadas a la aprobación de determinadas medidas presupuestarias”
“El hecho de que no fuera agredido ni empujado –dato que subraya el juicio histórico- no relativiza el alcance penal de la conducta de los acusados”
Mágoa!!! Non lin a nova ata hoxe, porque mo dixo a Elvira. Teño que entrar máis na páxina para estar asabentada do que está a pasar no mundo. Espero que ninguén teña que ir ó cárcere por exercer os seus dereitos. Unha aperta a tod@s.
Non te coñezo, pero estou contigo. Recibe a miña solidaridade e apoio ante a inxustiza, tan tremenda e escandalosa, que estades padecendo ti e as outras 7 persoas condenadas.
Pepe, Mercè,
Ánimo! Lamento non haber estado con vos onte, na plaça Universitat. Unha aperta ben forte.
A miña solidariedade con Olga e con toda a familia, que seguro están/estades pasando un mal momento. Non é comprensíbel que unha protesta contra os recortes e outras reivindicacións (seguro que había bastantes) poidan levar a unha persoa a pasar tres anos no cárcere. Espero que os recursos que aínda quedan poidan corrixir esta inxustiza.
Grazas en nome de Olga, e de Sergi, Mercè e Pepe, a tod@s @s que nos manifestastes o voso apoio e solidariedade. @s que fixestes chegaqr todo tipo de mensaxes e, especialmente @s que estivestes na manifestación.
Para @s que non estistes, deixo a ligazón d'unha filamación
Para quen queira ir seguindo as novas e as movilizacions, en relación coa sentencia condenatoria polos feitos do Parlament do 15 de Xuño de 2011, poño as ligazons coas contas de Facebook e Twitter que puxemos en marcha @s Familiares pola liberdade d@sencausa@s do Parlament.
Quero manifestar a miña solidariedade co Pepe, Olga, Mercé e Sergi que están sufrindo a falta de xustiza. Non ten sentido que unha protesta se penalice con tres anos de cárcere. Quero facer estensiva a solidalriedade aos sete compañeiros de Olga que se atopan en situación semellante.
O domingo convocamos unha cadea humana ao redor do Parlament, en protesta pola condea de 8 persoas a 3 anos de cárcere.
Navea estivo representada. Bernardino, Tere, Miguel, Florentin, Elvira, Celsa, Luis... Se non vin a alguen, ou me esquezo. perdoade. GRAZAS!!! tamén en nome de Olga, Sergi e Mercè.
Para @s que non estivestes, unha mostra do que pasou:
Levame a lembrar os mediodías dos xoves, coa calor que facía!!, que era o día que nos tocaba mais tempo de rega. Supoño que ti tamen te lembrarás das noites dos sábados, cando ibas botarlle a auga o lameiro de Camba....
graciñas
Moitas gracias Manolo pola dedicación e esforzo para manter Navea, tanto no mundo real (casas, viñas, camiños...) coma no virtual.
Penso que este espazo virtual pode ser moi util para compartir informacions e lembranzas, e axudar a contactar (na rede ou presencialmente) entre pesoas que, dalgunha maneira, "somos" de Navea ou "somos Navea".
Graciñas, moitos ánimos.....e disculpas polo meu galego
Unha aperta.
Pepe
navea promocions culturais
Boas noites,
Tedes idea de se Navea Promocions Culturais
https://www.facebook.com/Navea.es?fref=ts
ten algunha realción coa nosa Navea????
Ola!
Non sei. Probablemente si, pero con Ponte Navea ou simplemente co río.
Ola!
Xa entrei!!
A ver se se me ocorre algo para escribir o engadir algunha fota antiga que teña por ahi.
Unha aperta
Saúdos
Un saúdo para os que xa entraron a tamén para os que vaian entrar proximamente. Espero que ista ferramenta que con tanto esforzo Manolo está poñendo en marcha, sirva para, como di ao principio, poñer Navea no mundo. Eu, que non son afeccionado ás redes sociais, penso que isto é outra cousa e está moi ben deixar constancia de que Navea existe.
Ata outra. Saúde
Ciutat Morta
Boas noites,
Como vos dixen por @ fai uns dias, emitian no Canal 33 unha pelicula documental INTERESANTISIMA E DURA.
É un tema do que tiven noticia fai uns anos, por Olga. Ela era compañeira de vivenda da irmà do Rodri, rapaz que pasou mais de 5 anos na cadea polo caso 4F. Olga estaba nos colectivos que intentaban sacar a luz o tema, con moi pouco éxito...pero daquelas loitas..., acabou todo na pelicula, que pola intervención no Parlament dun diputado da CUP (algunhas cousiñas si se poden mudar) a TV de Catalunya viuse forzada a emitir a pelicula.
A emisió puxerona nun programa que ten normalmente una quota de pantalla do 2%, pero a censura previa de 6 minutos e as redes sociais disparadas o sabado, conseguiron un 20%, que dicen que son unhas 500.000 persoas... e os grandes medios de comunicación de Catalunya levan todos os dias co tema...toda unha agradavel sorpresa . Estamos encantados, especialmente por que conocemos ao entorno familiar, e, ainda que non teña maiores sonsecuencias, é unha pequeniña compensació a todo o que tiveron que pasar istes anos.
Ben. Dispois de todo o rollo, que podio continuar se alguen està interesad@, poño a ligazon para que se poida ver (2 horas, con subtitulos en español).
https://www.youtube.com/watch?v=A-Kx8cXrP3Q
Unha aperta !!!
Pepe
ciutat morta
Bo día.
A verdade é que está tendo moita repercusión. Por exemplo en Ourense botárona no cine-clube
Dá mágoa ver a persoas que se ven mergulladas en graves problemas sen ser reponsábeis.
Só puiden ver a metade porque hoxe hai unha mensaxe dicindo que a retiraron por culpa dunha reclamación de un tal Juan Valentín.
A reflexión é: cantas persoas haberá inmersas en problemas semellantes, tanto no estado espanhol como no resto do mundo, pero que non saen á luz polas causas que sexan.
Unha aperta.
Ola outra vez
Ah,
Disculpade se considerades que non é pertinente por este tiupo de cousas...Estou cabredo e ilusionado co tema !!!
Pepe
grazas
Xa entrei. Saúdos ao xefe , aos de Barcelona e ao da Quinta. Voume anotar a un curso de galego.
Deica logo
Grazas!
Ola a tod@s,
Grazas, Manolo, por crear este espazo, por recordar que Navea está no mundo. Entereime a través dos meus primos, Miguel+Reme. Intentarei aportar imaxes. Para escribir, terei que apuntarme antes a un curso de galego!
Bicos.
Elvira
Grazas a vós
Espero que entre tod@s logremos coñecer algo máis do noso pobo e tamén que a web sirva para comunicarnos todas e todos as que temos algunha relación con Navea.
Ti seguro que podes aportar moitas cousas. O do galego non vale de desculpa, foi sempre e segue sendo o idioma que utilizamos.
Unha aperta forte.
Manolo
Parabéns
Parabéns Manolo pola creación do web "Navea está no mundo"! Qué fotos máis fermosas! O vindeiro verán case certo que vou pasar unha parte das vacacions na miña terra.
Ánimo e non deixedes de traballar!
Unha aperta a todos.
Celsa
Navea, a orixe do (noso) mundo
Cada certo tempo sinto “a chamada da natureza” –como diria Jack London- e teño necesidade de viaxar a Navea. Como sigo estando lonxe –os mil kilómetros de sempre- vou pra alá co Google Earth. Confórmome con sobrevoar a zona coma se fose un gavián: do Cerengo a Trives, dende Ponte Navea ata o Bibei. Dou unhas cantas voltas e vólvome pra Barcelona.
Agora ti, Manolo, das-me a oportunidade de viaxar doutra maneira.
Qué boa idea, rapaz! Graciñas. Un abrazo ben forte pra ti e pra toda a xente que se irá xuntando nesta páxina.
Saúde.
Saúdos
Benvidos aos aos novos usuarios(Celsa, Elvira, Luís) e tamén a todos aqueles, que sen ser tales, acceden á páxina para compartir este espazo de encontro.
Unha aperta
Fin do inverno ?!
Poder seguir "en directo" o fin do inverno en Navea é todo un luxo !! Grazas de novo, Manolo !!.
Sei que xa hai moitas persoas que teñen coñecemento da paxina web, e que van entrando "a mirar". Animadevos a registrarvos e decir Ola !!
Saudos dende unha soleada Barcelona !!
Probando.
Hola a todos, especialmente o creador desta magnífica páxina. Espero añadir algunha cousa en breve.
Olga
Olga, miña filla
Olga, tu tamén formas parte de Navea
Olga, de pequena e rapaza, estiveches moitas veces en Navea porque te levamos
Olga, de muller, estiveches en Navea porque ti o quixeches, ultimamente na vendima de Casenando
Olga, esta semana ves de ser condenada a 3 anos de cadea, xunto con outras 7 persoas
Olga, a condena é pola túa participación na protesta ao redor do Parlament de Catalunya o 15 de xuño do 2011
Olga, di de ti a sentencia... http://www.google.cat/url?sa=t&rct=j&q=ara.cat%20condena%20&source=web&cd=2&cad=rja&uact=8&ved=0CCQQFjAB&url=http%3A%2F%2Fwww.ara.cat%2Fpolitica%2Fsentencia-asedio-Parlament_ARAFIL20150317_0001.pdf&ei=wDQNVc_qNMLcaIaMgbgF&usg=AFQjCNFHSB0zpglQ8Dc68HGWW4PRPz6WoA
” El diputado D. Santi Vila i Vicente, de Ciu, se encontró con un grupo de manifestantes cuando se dirigía al Parlament, quienes le recriminaron las políticas de recortes de gasto público y le dijeron que no les representaba. Entre los que protestaban estaban Dª. Olga Álvarez Juan. Agentes de policía acompañaron al diputado para que superara a los manifestantes. No consta que fuera agredido, ni empujado”
“Sin embargo, con el exclusivo apoyo del juicio histórico, concluimos que Olga Álvarez, ...r, manifestantes concertados con un lema que filtraba todos sus actos y que llamaba a paralizar las actividades parlamentarias encaminadas a la aprobación de determinadas medidas presupuestarias”
“El hecho de que no fuera agredido ni empujado –dato que subraya el juicio histórico- no relativiza el alcance penal de la conducta de los acusados”
Olga, esta tarde, as 7 na Plaça Universitat, estarás na manifestación de solidariedade c@s 8 condenad@s https://twitter.com/hashtag/3anysXprotestar?src=hash
Olga, ti estarás na primeira fila, co resto de condenad@s e acusad@s
Olga, xa sabes que teu irmán Sergi, túa nai Mercè e eu estaremos detrás de ti
Olga, xa nos dixeron outras persoas de Navea que tamén estarán as 7 na Plaça Universitat, coa súa solidariedade e o seu cariño
Olga, se chegas a entrar na cadea, xa sabes que non serás a primeira de Navea que entra por motivos políticos
Olga, se chegas a entrar na cadea, que sexas a última de Navea que entra por motivos políticos
Olga, tu tamén formas parte de Navea
Olga, miña filla
Non poderemos estar
Non poderemos estar fisicamente, pero desde a distancia sabede que estamos con vós.
Olga, esperamos que a xustiza non faga unha gran inxustiza e poder verte axiña, se che apetece vir, en Navea.
Unha aperta forte!
Olga
Animo Familia!!!!
Contade connosco, alí estaremos...
Bicos,
Teresa i Bernardino
Olga
Mágoa!!! Non lin a nova ata hoxe, porque mo dixo a Elvira. Teño que entrar máis na páxina para estar asabentada do que está a pasar no mundo. Espero que ninguén teña que ir ó cárcere por exercer os seus dereitos. Unha aperta a tod@s.
Celsa
Olga, Pepe
Olga,
Non te coñezo, pero estou contigo. Recibe a miña solidaridade e apoio ante a inxustiza, tan tremenda e escandalosa, que estades padecendo ti e as outras 7 persoas condenadas.
Pepe, Mercè,
Ánimo! Lamento non haber estado con vos onte, na plaça Universitat. Unha aperta ben forte.
Jo també era al Parlament!
Elvira
Olga
A miña solidariedade con Olga e con toda a familia, que seguro están/estades pasando un mal momento. Non é comprensíbel que unha protesta contra os recortes e outras reivindicacións (seguro que había bastantes) poidan levar a unha persoa a pasar tres anos no cárcere. Espero que os recursos que aínda quedan poidan corrixir esta inxustiza.
Unha forte aperta
Grazas !!!
Grazas !!
Grazas en nome de Olga, e de Sergi, Mercè e Pepe, a tod@s @s que nos manifestastes o voso apoio e solidariedade. @s que fixestes chegaqr todo tipo de mensaxes e, especialmente @s que estivestes na manifestación.
Para @s que non estistes, deixo a ligazón d'unha filamación
https://www.youtube.com/watch?v=MXhfuKLy52s&noredirect=1
Unha forte aperta. Pepe
Parlament
Ola !!
Para quen queira ir seguindo as novas e as movilizacions, en relación coa sentencia condenatoria polos feitos do Parlament do 15 de Xuño de 2011, poño as ligazons coas contas de Facebook e Twitter que puxemos en marcha @s Familiares pola liberdade d@s encausa@s do Parlament.
https://www.facebook.com/pages/Assemblea-Familiars-Llibertat-Encausades-Parlament/728683320586350
https://twitter.com/Fparlament
Tamen poño directamente a ligazon cun video de convocatória a movilización do 11 de abril
https://www.youtube.com/watch?v=pOvxgIsdVdQ
Unha aperta. Pepe
Olga
Bo día dende Navea.
Quero manifestar a miña solidariedade co Pepe, Olga, Mercé e Sergi que están sufrindo a falta de xustiza. Non ten sentido que unha protesta se penalice con tres anos de cárcere. Quero facer estensiva a solidalriedade aos sete compañeiros de Olga que se atopan en situación semellante.
Unha aperta dende Os Paus
Olga
Boas tardes,
O domingo convocamos unha cadea humana ao redor do Parlament, en protesta pola condea de 8 persoas a 3 anos de cárcere.
Navea estivo representada. Bernardino, Tere, Miguel, Florentin, Elvira, Celsa, Luis... Se non vin a alguen, ou me esquezo. perdoade. GRAZAS!!! tamén en nome de Olga, Sergi e Mercè.
Para @s que non estivestes, unha mostra do que pasou:
https://www.youtube.com/watch?v=JZIym0TaI84&feature=youtube_gdata_player
https://www.youtube.com/watch?v=2vXKUbTD44Y
https://www.youtube.com/watch?v=xqNHWmWpZxE
Unha forte aperta !!! Pepe
Solidariedade
Sen dúbida que Navea foi e é solidaria cos seus, pero sobre coa XUSTIZA con maiúsculas.
Unha aperta para todos.
Eiii...Camilo tamén... perdoa
Eiii...Camilo tamén... perdoa...
Tempo de rega
Impresionante documento!!!
Parabens polo traballo que estades facendo.