Vostede está aquí

LENDAS: RESGÁDEME O HÁBITO !!!!

Unha pequena aportación, que espero que sexa un inicio para outras, que algunhas persoas das que miran esta web ben seguro que coñecen.

Seguramente, hai lendas que son tamén coñecidas noutras partes de Galiza, ou doutros países, pero que poden ter a súa versión ou adaptación en Navea.

 

Non recordo cando oín por primeira vez esta breve lenda. Tampouco recordo se foi na Lama ou na Quinta. O que me anima a compartila aquí é que comentándoa con algunha persoa de Navea non a coñecían:

_________________________________________________________________________

Algunhas noites, máis no inverno, polos Rousos, os Vales, A Pedela, A Fraga, Paradela, Coído e arredores, escóitanse uns laios arrepiantes.

Resgádeme o hábito !!!!   Resgádeme o hábito !!!!

Quen pode berrar así?

Quen así berran son as ánimas das persoas mortas en pecado. Mortas en pecado e enterradas co “Hábito de San Francisco”.

Estas ánimas residen no Pozo do Redondo e están condenadas a vagar de noite polos camiños.

Non poden ir ao Inferno, porque están envoltas no “Hábito de San Francisco”.

Non poden ir ao Ceo, porque morreron en pecado.

Resgádeme o hábito !!!!   Resgádeme o hábito !!!!

Xente de Navea, se vos cadra de oír os seus laios, facede o favor de acabar co seu eterno vagar. Resgádelle o Hábito, que non vos farán mal ningún!!! 

Artigos: 

Comentarios

           A presente é para darlle a benvida ao Pepe ao clube. Tamén darlle os parabéns pola estupenda lenda, da cal, eu coñecía "algo", pero non con todos os detalles.

    A continuar!