Vostede está aquí

Reunión do luns 14

En relación coa convocatoria feita polo Concello dunha reunión o luns 14 de setembro ás 18:00, informámosvos que están chegando comunicacións ás persoas propietarias de eidos afectados pola faixa secundaria de prevención de incendios (para a limpeza da maleza nunha franxa de 50 m arredor das casas). Constatamos que algunhas destas comunicacións conteñen erros que xa se puxeron en coñecemento do Concello.

As persoas que non poidades asistir á reunión e necesitedes algunha aclaración sobre o contido destas comunicacións ou outros temas relacionados coas citadas faixas podedes dirixirvos ao correo manolo@navea.gal.