Vostede está aquí

Novidades no foro

Para facilitar a participación no foro está activada unha nova opción para que calquera persoa rexistrada poda crear un tema de discusión novo.

Fai mais ou menos un ano que temos "Navea està no mundo"!!

Moitas, moitas grazas  Manolo, pola iniciativa e o gran traballo!!!

Moitas grazas Marta, pola gran aportación nos documentos que nos fixeron, e faràn, coñecer millor a historia de Navea!!

Parabens para tod@s @s que pudemos compartir fotos, opinions, informacions, e tamen solidariedade. E seguiremos compartindo.....

Grazas a tod@s e unha aperta !!!

 

Ola a todos! Nos tamen queremos unirnos as felicitacions polo ano de Navea esta no mundo. Sen dúbida e un bo xeito de estar en contacto, ainda q nos debemos entonar o mea culpa por entrar poucas veces e aportar pouco, mais xa q estamos en ano novo, imos facelo propósito de cambiar .

Para tod@s un feliz ano novo, q teñamos saude paz e sentidiño wink

Bicos e apertas para todos.

              Únome  e comparto o comentario do Pepe. Non reparaba que era o primeiro cumpreanos.  Espero que teña moitos máis. Que pouco a pouco máis persoas se vain animando a participar,  facendo aportacións. Que se vaia enchendo de contidos  cunha morea de  cuestións que lles   interesen a moitas persoas.

            Unha aperta para todos.  BO NADAL!

(12)       Por suposto tamén comparto convosco a celebración. Para min foi unha "moi boa nova". Claro que para mantela viva compre traballar, e iso depende de nós, de "todos" nós.

Grazas aos creadores, pola idea e polo traballo. Desexo que este facho se manteña aceso moitos anos, compre alumear o camiño........

Saúde e boa viaxe.

 

Primeiro de todo quero desculparme pola a miña falta de participación na páxina. É máis ben por pereza, non por falta de tempo.

Graciñas Manolo, Xosé Lois e demais colaboradores polo esforzo e ilusión con que traballades. A miña felicitación a to@s por mantela viva.  

Grazas tamén a Elvira por lembrarme que na páxina hai novidades cada semana. Recoñezo que paga a pena darlle unha ollada de cando en vez, aínda que so sexa por mirar as fotos que ides colgando. Prometo facelo más a miúdo a partir do 2016.

FELICIDADES POLO 1º ANIVERSARIO!!!

Boas Festas e Feliz Aninovo para tod@s!!! 

 

Queridos amigos de Navea : Hai moito tempo q non abrio nin participo, mais agora pareceme boa idea utilizar este medio para comunicarvos q o Pepe, pai de Luis e Elvira, faleceu esta tarde, a nos tocanos por familia e amizade pero coido q ó mellor ós q estades eiqui apetecevos darlle un abrazo, e ós de Galicia darllelo por tlefono ou o medio q mellor vos pareza. 

 
Nin q dicir ten q estamos apenados pero moi orgullosos destes primos q de xeito tan exemplar, para nos, afrontaron esta situacion.
 
Perdon se non vos perce ben q o fixeramos deste xeito e perdon se non o poñemos no sitio q corresponde....non estamos moi ó loro. 
 
O velatorio esta instalado no tanatorio de Sancho de Avila e abrirase as 4 da tarde de maña; o enterro o mercores as 11,25 na capela do tanatorio
 
Un bico grande para todos e gracias por todo.
 

Non tedes  nada de que desculparvos. É máis agradábel ver noticias boas, pero estas tamén collen en navea.gal. 

O Pepe foi un moi bo veciño e formou parte do grupo de persoas heróicas  que fixeron posíbel a estrada desde a Ponte.

Aproveito para enviar desde a Galiza unha aperta grande a Laura, Luís e Elvira.

 

 

Estou nos Paus co Fausto. Despois de ler a mala nova que nos deron Miguel e Reme, queremos facer nosas as verbas do Manolo e reiterarlle o noso afecto e agarimo á Laura, ao Luis, á Elvira asi como a todo o resto da familia. Unha aperta dende Navea.

O pasado xoves enterramos ó noso pai, o Pepe.

Tanto ese dia coma o mércores, pasou polo tanatorio a maior parte da colonia naveana en Barcelona, para darnos unha aperta e acompañarnos neste momento tan dolorosos. Una parte da familia tivo que vir des de Galiza en autocar, tren ou taxi. Moitos nos chamaron ou nos deixaron mensaxes de agarimo. 

Grazas a tod@s en nome da nosa mai e de toda a familia.

Grazas especiais a Manolo, Xosé Lois, Fausto, Reme e Miguel que nos fixestes chegar as vosas mensaxes a través de navea.gal. esa xanela  ó mundo tan querida para nós.

Laura, Luis e Elvira

Boas,

Para as persoas que estamos por Barcelona: o xoves 21, as 8 da tarde, no Aribau Multicines Sala 2, poderase ver o documental "En todas as mans", que trata sobre os montes veciñais, realidade ben interesante de Galiza.

http://barcelona.indymedia.org/newswire/display/503480/index.php

Non teño ningunha referencia sobre iste documental, pero o tema promete.

A ver se nos animamos, e dispois tomamos unha cerveixa !!

Unha aperta.

Ola,

Bernardino, magnífica descripción do San Miguel!

Pepe, se non pasa nada mañá irei a ver o documental. Acabo de falar co Luis e tamén se apunta.

Bicos.

Ola,

Onte estivemos, Elvira Luis e mais eu, no pase do documental "En todas as mans".

Opinión unànime: unha sorpresa moi positiva!.

Esperávamos unha cousa mais "de andar pola casa". Está moi, moi, ben. Toca moitos temas, dende os antecedentes históricos dos montes comunais ao desastre do lume.

A directora e o produtor, que asistiron ao pase, dixeron que estan facendo presentacions por Galiza. Paga moito a pena ir a velo se tendes oportunidade !!!

Saudos!!