Hola a todos e gracias especialmente a Manolo por esta oportunidade de estaren en contacto.
Perdon porque de tanto traballar e pensar en nos esquecemonos de q no noso entorno hai xente q o esta pasando mal. Esta fin de semana estivemos en Bcna, e ali Elvira informounos do calvario q esta a pasar Olga e seus compañeiros. Desde logo parecenos unha inxustiza con maiusculas, un desproposito descomunal e un feito propio dunha republica bananera. E a continuacion ocorresenos q valgame Deus, Olga podiamos ser todos!, mirade q non nos fartamos de protestar, pola boca da maioria dos cidadans saen sapos e culebras.
Queremos mandarlle unha forte aperta a Pepe e familia e dicirlle q a mil kilometros estamos con vos. A Olga q siga sendo forte q detras dela estamos todos. Un biquiño para ti.
E para todolos naveanos unha forte aperta, esperamos seguirvos mais a menudo. Saudos a todos. (Perdon pola falta de acentos, pero na tableta e un rollo). Miguel e Reme.
Benvid@s a navea.gal
Benvid@s a navea.gal
Conta atras
Ola !!
Grazas Miguel, Remedios i todas as persoas que durante as derradeiras semanas nos destes ánimos e solidariedade!! Especialmente @s que estivestes mais cerca de nos, nas prazas i nas ruas. Tamén @s que nos acomopañastes por correo electrònico, chamadas telefónicas, etc.
Agora atopamonos nuns dias críticos. Olga, coma @s outr@s 7, xa recibiron a orden escrita de ingreso nun praqzo de dez dias. Con algunha diferencia, pero o prazo acaba a finais da semana proxima.
@s avogad@s presentaron a prtición de indulto na Audiencia Nacional, ao mesmo tempo que a solicitude de suspensión da orde de ingreso ata que o governo español dictamine sobre o indulto, cousa que pode tardar un ano. Por coherencia coa sentencia inicial, a Audiencia Nacional deberia suspender a entrada na prisión...pero esperar coherencia quizais é demais...
Repito, grazas a tod@s. Coma sempre, podedes ir seguindo o tema no Facebook e Twitter
https://www.facebook.com/pages/Assemblea-Familiars-Llibertat-Encausades-Parlament/728683320586350?ref=hl
https://twitter.com/Fparlament
Unha aperta !!! Pepe
resumo a 20 de maio
Un bo resumo en español:
https://news.vice.com/es/article/como-protestar-te-puede-llevar-carcel-espana
Unha aperta. Pepe
Suspensión entrada á cadea
Facía tempo que non informaba....Estaba sendo unha longa espera. Hoxe, ao fin, a primeira boa noticia en moito tempo:
A Audiencia Nacional suspende a entrada na cadea, a espera da resolución da petición do indulto.
https://directa.cat/laudiencia-nacional-suspen-lingres-preso-de-vuit-condemnades-laccio-aturem-parlament
Agora toca seguir loitando pola liberdade das oito persoas condenadas. Maneira: a petición do indulto, xa feita; o recurso da sentenza do Tribunal Supremo diante do Tribunal Constitucional; e, despois, recurso ao Tribunal Europeo de Dereitos Humáns...
Como vedes, aínda queda moito camiño por facer.
Grazas de novo a todas as persoas que nos estades dando, dunha ou doutra maneira, apoio nesta loita.
Unha aperta ! !
Ah !!!
Ah !!!
E, para que vexades un pouco a que nos dedicamos "en ratos libres".
O sábado pasado, diante da constitución do novo Ajuntament de Sant Boi de Llobregat, onde vive un dos condenados.
Olga
Espero que a suspensión sexa definitiva. Xa merecedes un descanso e un remate para poder adicar as enerxías a outras actividades. Celebrarémolo cun vinho do val do Navea e unha gurrispa de licor-café.
Unha aperta para todos, fundamentalemente para Pepe e Mercè.
Ola
Eu tamén espero que poidades rematar a vosa loita ben axiña. E tamén celebralo este ano en Navea, que fai moito tempo que o desexo. Unha aperta.
Olga-suspensión
Ola,
Qué boa noticia! Alégrome moito.
Confio que a suspensión sexa definitva, que o indulto chegue pronto e que poidades dedicar os vosos "ratos libres" a outras cousas".
Un bico.
Ola a tod@s!!
Ola a tod@s!!
Despois de moito tempo sen escribir nada do tema de Olga, pola relaxación posterior a suspensión da orde de ingreso en prisión e da calma do verán, quería dicirvos que non hai grandes novidades. Pero si un par de cousas:
O Tribunal Constitucional non admitiu a trámite o recurso. De momento soio contestaron a un dos condenados, pero seguro que a@s outr@s lle responderan o mesmo. Como non se esperaba nada positivo do Constitucional, agora está a vía libre para ir ao Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo. Ali sí se espera que anulen a sentencia do T Supremo, pero pode tardar varios anos !!! O importante do tema seria que quedarían absolt@s e a sentencia non crearía xurisprudencia.
Outra novidade do tema é que foron citad@s pola policía municipal ou polos Mossos, a petición da Audiencia Nacional, para ver o seu grado de “integración" (traballo, estudos, ...) e para preguntar se "se arrepentían". Olga, como parece que tod@s , non se arrepinte. De feito, o lema da campaña de solidariedade é: "Jo també estaba al Parlament, i ho tornaria a fer". O equipo de abogad@s pensan que é un trámite sen maior importancia. Pero para os “familiarsparlament” foi un aviso para activar de novo as accións, como unha recollida de firmas e un vídeo.
Esperemos que o goberno de Madrid que decida o indulto non sexa o actual.
Grazas de novo a tod@s @s que nos estades acompañando co voso interese e solidariedade !!.
Unha aperta !!
Sinaturs de Solidariedade
Boas,
O tema de Olga, e das outras 7 persoas, sigue a espera de que o goberno de Madrid decida se concede ou non o indulto.
A Assemblea de Familiars seguimos coas actividades. (podedes seguilas en https://www.facebook.com/Assemblea-Familiars-Llibertat-Encausades-Parlament-)
Unha delas é a recollida de sinaturas pedindo a súa liberdade. Xa hai unhas semanas que empezamos a recollida "presencial". Agora empezamos a recollida coa axuda do correo electrónico. Tratase de enviar por @ a folla para as sinaturas e devolvela por correo ordinario (aínda existe !!) a un enderezo da nosa Assemblea.
Se queredes participar, mandádeme o voso enderezo de @ e eu mándovos a folla, mais un resumen do proceso deica agora.
Unha aperta !!
Sinaturas
Que cabeza...!!!
Se queredes participar, mandádeme o voso enderezo de @ a: pepe@navea.gal
Saúde !!
5 anos despois
5 anos despois da concentración "Aturem el Parlament", como consecuencia da que se xulgou a 20 persoas i, finalmente, condenou a 8 delas a 3anysXprotestar, des de A Assemblea de familiars per la Llibertat de les condemnades pels fets del Parlament participamos en poñer en marcha unha campaña de solidariedade, en forma de micromecenaxe de 1€ por aportación, para pagar o único dano material que recolle a sentencia condenatoria. Diñeiro que mostrará a solidariedade i contribuirá a pagar os gastos causados por todo o proceso xudicial.
COA FORZA DE TOD@S, A SUA LIBERDADE !!!
https://www.verkami.com/projects/15325-la-gavardina-de-la-montse
https://familiarsencausadesparlament.wordpress.com/
Sinaturas entregadas en Madrid
Como agora xa hai goberno en Madrid, o sábado 26 fomos para alá unha parte da Assemblea de Familiars, a entregar no Ministerio de Xustiza as sinaturas de apoio a liberdade das 8 persoas condenadas a 3 anos de cadea polos feitos do Parlament de Catalunya, do 15 de xuño do 2011.
Entregamos as mais de cinco mil sinaturas, unha parte delas de persoas de Navea ou do seu entorno.
MOITAS GRAZAS A TOD@S.
Tamén entregamos a relación dos Concellos de Catalunya que aprobaron mocións a favor da súa liberdade, Concellos que representan o 39% da poboación de Catalunya.
Nas pasadas semanas houbo un par de novas neste longo proceso:
Mentres tanto, sigue pendente a resolución da petición de indulto por parte do goberno de Madrid.
Repito, moitas grazas a tod@s @s que neste longo proceso vos solidarizastes, especialmente @s que nos fixestes chegar a vosa sinatura. Unha aperta solidaria !!
Pepe
Aquí seguimos para o que faga
Aquí seguimos para o que faga falta.
Unha aperta a tod@s.
Parece que o tema
Parece que o tema vai "encamiñado", aínda que con moita lentitude. A ver se entre "sainaturas", "indulto", "Estrasburgo"... se soluciona o tema dunha vez. Celebrarémolo cun grolo(ou varios) de viño de Navea.
Saúdos e unha aperta.