Vostede está aquí

A desamortización

No ano 1843 tivo lugar, aplicando a lei de desamortización dos terreos do clero secular de 1841, a venda xudicial de cinco propiedades pertencentes a Reitoría de San Miguel de Navea.

Os datos desta venda, xunto con outros, encontrámolos nun documento que nos facilitou Bautista Ramos. Este documento estaba na casa do seu tío Juan.

As terras véndense nun único lote o que impide que os labregos con poucos recursos podan ter acceso a elas, igual que ocorreu na maioría dos lugares.

Forman o lote da venda: un lameiro na Anela de catro ferrados de semente, un souto na Anela con once castiñeiros, unha cortiña no Campairo de cinco ferrados de semente, un souto no Campairo con setenta castiñeiros e un lameiro no Campairo de dous ferrados e medio de semente.

O comprador foi José Gil, veciño de Figueiredo.

O prezo 10980 reais de vellón. O método de pago: vinte prazos a razón de 549 reais de vellón cada prazo. Destes pagos consérvanse as notas promisorias e o documento de amortización dos anos 1843, 1844, 1845, 1846 e 1847.

En 1847 ten lugar a cesión das terras anteriores de José Gil a Pedro Pablo Fernández Novoa, veciño da Eirexa. Este deberá abonar 3000 reais en ouro e prata que pagará en catro anos, hai documentos destes pagos de 1948 e 1949. Tamén deberá facerse cargo dos quince prazos que lle quedaban por pagar ao anterior propietario, consérvanse os documentos destes pagos.

Semella que o comprador non dispoñía de cartos suficientes, porque tamén hai un documento de 1869 que reflicte a débeda de 3600 reais (360 escudos) que ten Pedro Pablo Fernández Novoa con Pedro Pérez Pérez.

Entre os anteriores encóntrase outro documento que contén o inventario dos bens e débedas de Pedro Pablo Fernández e a súa esposa Antonia  Cao. É moi interesante porque nel non só está a lista das súas propidades, senón que están os lindes co nome das persoas propietarias.

Nomes das persoas que aparecen nos documentos:

A Lama: Nicolasa Álvarez; Manuel Álvarez

O Campo: Francisco Rodríguez; Antonio Pérez; Gregorio Núñez; Pedro Pérez Pérez

A Eirexa: Pedro Pablo Fernández Novoa; Antonia Cao; Anacleto Álvarez; Juan Ramos; José Álvarez; Ramón Núñez; herdeiros de Pedro Pérez

Casenando: Ángel Savín; Bernardo Pérez

O Souto: Feliz Rodríguez

A Borrén: Ana Pérez; Isidora Álvarez

As Penas: José Álvarez

Os Lameiros: José López

A Quinta: Francisco Pérez

O Casar: Antonio Rodríguez

De fóra de Navea: Domingo (Regueiro de Castrelo); Ramón González (Valdonedo); José Yáñez (Acebido); Manuel de Besteiros (Abelaído); José Yáñez As Cortes); Juan Arias (Domecelle); Calisto (Vilanuíde); José López (Rugando)

Non menciona o lugar: José González; Santiago Rodríguez; Pedro Álvarez; Francisco López; Fernando Rodríguez Baldonedo; Domingo Nogueira; Clemente Alvaredo; herdeiros de Benito López; Claudio Fernández; Modesto Rodríguez; herdeiros de Ceferino Núñez; Antonio Fernández; herdeiros de Sebastián Álvarez.

 

 

 

 

Datos de Navea: