Efectivamente, se o tempo non nolo impide, durante os días 18, 19 e 20 de setembro faremos a vendima. É curioso observar a trasfega de persoas e vehículos que , sobre todo o sábado, haberá en Casenando. Arredor dunhas 20 persoas nos moveremos naquel lugar. Por un intre fainos recordar tempos pasados cando persoas e cabalarías carrexaban sen cesar uvas durante uns quince días dende A Borrén, Carbuído, A Mallada, O Pegureiro ...
Seguimos vivos!
Esperemos que este traballo nos permita logo pasar algúns momentos de ledicia tomando uns grolos.
Comentarios
VENDIMA

Un brinde con viño de Navea! Saúde!
Boa vendimia!
Grazas polo convite. Non podo ir, pero espero probar o viño cando faga unha viaxe a Navea. Tamén espero ver, na web, algun reportaxe fotográfico.
Que sea una boa colleita!!! Bicos.