As nosas castañas

En Navea temos unha variedade grande de castañas e cada vez hai menos persoas que coñezan os seus nomes. Eu só distingo as xabregas (as da imaxe esquerda) e sei dalgúns nomes máis: amarelantes, caurelás, garridas e verdellas.

Ás persoas que teñades información sobre as nosas castañas e queirades compartila, grazas de antemán!

Estamos en tempo da vendima

A próxima fin de semana hai vendima en Casenando

Estades convidados!

Setembro é tempo de recolleitas

Agosto de 1974
As primeiras castañas do ano
Agosto de 1974
Algunhas améndoas xa están para recoller

Navea quere separarse de Trives (ano 1930)

O catorce de agosto de mil novecentos trinta, veciñas e veciños de Navea asinan un documento no que solicitan a segregación do concello de Trives, coa intención de incorporarse ao concello de San Xoán de Río. O territorio do que se pide as separación é o situado á marxe dereita do río Navea.

Comezou o verán!

Agosto de 1974
As herbas case nos comen!
Agosto de 1974
As primeiras pavías!

A desamortización

No ano 1843 tivo lugar, aplicando a lei de desamortización dos terreos do clero secular de 1841, a venda xudicial de cinco propiedades pertencentes a Reitoría de San Miguel de Navea.

Os datos desta venda, xunto con outros, encontrámolos nun documento que nos facilitou Bautista Ramos. Este documento estaba na casa do seu tío Juan.

As terras véndense nun único lote o que impide que os labregos con poucos recursos podan ter acceso a elas, igual que ocorreu na maioría dos lugares.

A Labrada 1987

Agosto de 1974
Imaxe enviada por Elvira Fernández
Agosto de 1974
Imaxe enviada por Elvira Fernández

Tempo de rega. "A Sentenza"

Alá polo ano 1898 elaborouse un documento no que se recolle o reparto da auga do Regueiro e da fonte da Quinta. Este documento coñecido en Navea como "A Sentenza", publicouse o 17 de abril de 1898.
Imaxe do libro

Festa de Navea 2015

Páxinas

Subscribirse a Navea está no mundo!  RSS