O sabado 17 de agosto ás 12 horas, no comezo da estrada na Ponte, terá lugar a colocación da placa homenaxe ás persoas que fixeron posíbel o que naquel momento parecía imposíbel: que a estrada chegara ata Navea.
Nos anos 60 do século pasado o pobo de Navea construíu a estrada que comunica A Ponte con Navea. Esta foi unha obra de tal envergadura que supuxo un grande esforzo para as persoas (case todas as do pobo) que a levaron a cabo.
A todas esas persoas queremos renderlle unha pequena homenaxe:
Comentarios recentes