O sabado 17 de agosto ás 12 horas, no comezo da estrada na Ponte, terá lugar a colocación da placa homenaxe ás persoas que fixeron posíbel o que naquel momento parecía imposíbel: que a estrada chegara ata Navea.
Nos anos 60 do século pasado o pobo de Navea construíu a estrada que comunica A Ponte con Navea. Esta foi unha obra de tal envergadura que supuxo un grande esforzo para as persoas (case todas as do pobo) que a levaron a cabo.
A todas esas persoas queremos renderlle unha pequena homenaxe:
Vou iniciar unha nova sección á que, coma sempre, estades convidados a participar.Tamén podedes engadir, matizar...(mesmo unha palabra podería ter diferentes acepcións dependendo do barrio do pobo).
Hai uns días estiven en Navea. Se podo, vou cada ano polo mes de agosto, aínda que só sexan catro ou cinco días. Sábeme a pouco pero procuro non deixar de facelo.
Esta vez foi diferente por moitas razóns. Acabo de xubilarme e fun alí coa intención de desconectar. Despois de corenta e cinco anos traballando, a maior parte deles no ensino, levaba uns días “descolocado”. Que mellor que ir a Navea?
Oh, outra vez a cerdeira! Agora cargada do froito que xa nos auguraba na primavera cando se nos ofrecía chea de flores. Pois nada, só sana envexa, ou non? Non non, ademáis ...“están verdes”.
Comentarios recentes