Vostede está aquí

Artigos

Envía o teu artigo.

COMERCIO NAVEÁN

 

“O COMERCIO NAVEÁN” - (45)

Bo día:

(Segue o confinamento físico, pero só o físico, así que podemos seguir facendo outras actividades).

Eu diría que a economía da nosa parroquia, en xeral, era de “subsistencia”; aínda que cavilando un pouco arredor das antergas técnicas empregadas nas continuas transacións comerciais, transmitidas de xeración a xeración, coido que hai parte desa economía que presenta xeitos que saen fóra da subsistencia e, que sempre se levaron a termo por medio de dúas canles: comercio activo e comercio pasivo.

"LA HISTÒRIA DE L'ANSELM / A HISTORIA DO ANSELMO"

Boa tarde: (44)

(Hoxe, segundo día de confinamento por mor do “Coronavirus”, póñome a revisar o fondo de artigos gardados sen saír á luz; paro nun que, en principio, non ten ren a ver co noso lugar, aínda así coido que merece a pena sacalo e deixálo voar, por se alguén quer dispor).

“LA HISTÒRIA DE L'ANSELM / A HISTORIA DO ANSELMO”

Gosto de compartir “traballo solidario” cun veciño de Sant Andreu, nomeado Anselm; conta con noventa anos, ás costas, cheos de vitalidade.

A LINGUA DE NAVEA

                Vou iniciar unha nova sección á que, coma sempre, estades convidados a participar.   Tamén podedes engadir, matizar...(mesmo unha palabra podería ter diferentes acepcións dependendo do barrio do pobo).

Na vendima

Hai uns días estiven en Navea. Se podo, vou cada ano polo mes de agosto, aínda que só sexan catro ou cinco días. Sábeme a pouco pero procuro non deixar de facelo.

Esta vez foi diferente por moitas razóns. Acabo de xubilarme e fun alí coa intención de desconectar. Despois de corenta e cinco anos traballando, a maior parte deles no ensino, levaba uns días “descolocado”. Que mellor que ir a Navea?

"A NADA"

Oh, outra vez a cerdeira! Agora cargada do froito que xa nos auguraba na primavera cando se nos ofrecía chea de flores. Pois nada, só sana envexa, ou non? Non non, ademáis ...“están verdes”.

Lembranzas dos veráns.  “A NADA”  (36)

O MODANCO OU A MODANCA

                    Despois dun prolongado silencio debido unhas veces ao desleixo, outras ao cansazo e, nalgúns casos, á falta de ideas,  vou retomar a actividade para narrar algunhas historias, anécdotas ou acontecementos que forman parte do noso pobo e das nosas xentes.

"SOS"

“SOS” PARA O NOSO TREN “NAVEA ESTÁ NO MUNDO”.

Boa tarde para tod@s:

Ben, non podo crer que o noso “AVE” parroquial (agasallo duns veciños emprendedores) non poida ter sostibilidade. Somos moitos os que aínda quedamos e contamos con Navea no noso ADN. Xa que logo, cómo non vai ter posibilidades de reconducír a situación de esquecemento na que se atopa?

Cómpre reparalo e botalo a andar de novo.

(Disculpádeme polo título, poida que sexa un chisco esaxerado...)

Saúde e boa viaxe.

REFLEXIÓNS SOBRE O PROCÉS CATALÁN

                               Levan bastante tempo bulíndome pola cabeza unha serie de ideas sobre a cuestión á que  alude o título.  Como  sei que esta páxina ten moitos seguidores en Catalunha, vou permitirme  a "ousadía" de opinar, asumindo que é un tema delicado, que haberá discrepancias e que incluso alguén poida dicir "que saberá este a 1000km de distancia". Mais, eu coido que opinar é san e as discrepancias, arrequecedoras.  

XOGOS, MOI POPULARES, NAVEÁNS(1)

               Esta será unha subsección dentro da sección ANÉCDOTAS....Xa adianto que non vou incluír, inda que poidan facelo outros ou outras, a billarda. Este ten unha ampla difusión en toda Galiza e mesmo hai campionatos a nivel galego. Só mencionarei aqueles outros que son 100% autóctonos ou que conteñen unha regras ben diferenciadas. Animo a quen queira particicipar a que eses xogos que están na saca do esquecemento, aboien e quede constancia deles para as xeracións dos vindeiros séculos.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Artigos