"CEREIXAS"

Acceso á primeira colleita de cereixas

Bo dia,

Alá polo mes de marzo comezamos un proxecto: loitar contra o esquecemento. Aínda que sabemos que non hai maneira de vencelo, hai que loitar.

Tempo de recolleita

Outono
Outono
Outono

O GAITEIRO NA GALIZA RURAL

“O GAITEIRO NA GALIZA RURAL” (61)

Boa tarde.

(Esta lenda/conto, ven de lonxe. Na nosa cociña, arredor do lume, naquelas  noites do longo e xélido inverno, escoitávase a cotío. O narrador non era outro que o noso pai. Gostaba de agasallarnos con contos moi sinxelos pero que abranguían todo o acervo cultural da época, pero sobre todo de animais salvaxes , aínda que tamén os que convivián nas cortes  e poleiros da casa, tiñan o seu oco.

FESTA DA MADALENA NOS ANGUIEIROS

“FESTA DA MADALENA NOS ANGUIEIROS”

Boa tarde.

(O visionado dun video con imaxes da aldea dos Anguieiros (para min moi fermosas por certo), tróuxome ao maxín unha, coido, fermosa e divertida experiencia de cando era un rapacete. Aquí vola deixo por se alguén quer dispor).

Un domingo daqueles que non  tiñamos ren a facer, algún do grupo dos que nos xuntabamos para acudir ás festas, propuxo que habiamos de ir á Madalena aos Anguieiros. Eu nunca tivera a oportunidade de visitar aquel lugar, só o coñecía pola visión que se ten dende a estrada de Montefurado.

AXUDAS NO SEIXO

AXUDAS NO SEIXO” (59)

( A teima segue, aquí vos deixo o que fai número cinco)

A altitude das montañas que lle dan abeiro ao noso lugar, e que en certos aspectos convérteno nun paraíso, ao mesmo tempo, en épocas pretéritas pechábano (hoxe non é así loxicamente) dentro da súa contorna máis próxima con poucas fiestras ao exterior; coido que iso repercutía no xeito de sermos e de comportármonos; faltábannos visións abertas e perspectivas ao lonxe.

JOSÉ AFONSO NO SEIXO

JOSÉ AFONSO NO SEIXO?               (58)

Boa tarde:

(Este artigo é o número catro nos que o Seixo forma parte do relato. Vén a ser unha teima que, sen querer, me leva a revivir os tempos pasados no lugar).

O Regueiro de Navea

Así baixa o Regueiro na Ponticela

O Regueiro de Navea

Tempo de poda

Poda

Poda dunha vide de godello

Páxinas

Subscribirse a Navea está no mundo!  RSS